Abegondo: Ultimas novas

O Goberno local de Abegondo leva mañá a pleno os orzamentos municipais
Abegondo,  28  de xullo  de 2010.- O Goberno local de Abegondo somete mañá ao pleno os Orzamentos Municipais do 2010. Segundo indicou o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, o total do orzamento para o ano en curso ascende a 2.800.000 euros, o que supón un incremento duns 100.000 euros con respecto ao orzamento anterior. Neste sentido, o alcalde indicou que aínda tratándose dun incremento pequeno, o orzamento de Abegondo non decrece, como pasa en moitos outros municipios. Tamén é de destacar que se trata dun documento redactado tendo en conta o equilibrio entre os ingresos do municipio e os gastos, así estamos anté un orzamento real, realizable e equilibrado, indicou o alcalde. O Concello non realizará ningunha operación de crédito, co fin de non endebedar o futuro do municipio, aínda que a Lei permite aos municipios acudir a crédito antes do 31 de decembro.

O alcalde tamén se mostrou optimista en canto ao que será o orzamento dos anos 2011,  e vaticinou que a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal -PXOM- suporá unha fonte de ingresos para o municipio.

Liquidación 2009

Santiso sinalou que a tardanza en levar a pleno os orzamentos débese ao interese do Goberno local en conñecer a realidade finaciera das contas municipais. Para ter uno datos certos era necesario coñecer o informe de Liquidanción do Orzamento Municipal do ano 2009, que se terminou hai unhas semanas. O citado informe arroxa un remanente posititivo de Tesoureria de dispoñible para gastos xerais de 289.303,22 euros. O documento elaborado polos servizos de Intervención Municipais tamén indica expresamente que "Analizando as principais magnitudes das contas municipais pódese falar dunha situación financieramente boa do Concello de Abegondo".

O alcalde atribúe estes resultados positivos como froito dunha política de contención do gasto que tivo como puntos fortes, a supresión de dúas dedicacións exclusivas das catro das que dispuña o anterior equipo de goberno, na supresión das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e dietas, no recorte de gasto en atencións protocolarias, en publicidade institucional e no recorte de números na revista municipal Abegondo.es.

Outras das partidas reducidas que contribuíron ao aforro, foron a eliminación dos seguros privados de saúde para os funcionarios e empregados municipais contemplados polo anterior equipo de goberno. Santiso indicou que o informe da Intervención Municipal  sobre a Liquidación do Orzamento do 2009 destaca que o actual equipo de Goberno optou por unha política de contención do gasto e de racionalidade nos investimentos e proxectos impulsados desde o municipio.

A sesión do extraordinaria está convocada para mañá a partir das 13:30 horas no salón de plenos da casa consistorial de San Marcos, en Abegondo.

Anuncio: apertura do sobre C da contratación mediante procedemento aberto do servizo de axuda no fogar no Concello de Abegondo
José Antonio Varela Doval, secretario accidental do Concello de Abegondo, pola presente informo:

Que una vez abertos e valorados os sobre A e B  correspondentes a contratación mediante procedemento aberto do servizo de axuda no fogar  no Concello de Abegondo.

A mesa de contratación establece o próximo mércores día 4 agosto de 2010 para a apertura do sobre C (oferta económica), as trece horas.

Abegondo, 28 de xullo de 2010

O secretario accidental José Antonio Varela Doval asdo.

Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da xestión do servizo público da escola infantil municipal de Abegondo baixo a modalidade de concesión
Faise público o prego de clásulas administrativas particulares que haberán de rexer a contratación da xestión do servizo público da escola infantil municipal de Abegondo baixo a modalidade de concesión.

Ecos do Mero participa nos actos do Día de Galicia en Ceuta
Abegondo, 23 de xullo de 2010.-  O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, asistiu fai uns momentos á recepción ofrecida polo presidente da Cidade Autónoma de Ceuta, Juan Jesús Vivas, con motivo da celebración do Día de Galicia nesta cidade española do norte de África. O alcalde e a concelleira de Cultura, Cristina Rabón, viaxan á fronte dunha representación do municipio integrada polo Grupo Ecos do Mero, da  Asociación de Amas de Casa de Abegondo, que participará durante toda a fin de semana nos actos do Día de Galicia, organizados pola Casa de Galicia de Ceuta.

Os actos continuarán mañá coa tradicional Cena de la Hermandad da Casa de Galicia, á que acudirá o alcalde invitado polo seu presidente, Rogelio Martínez. O domingo a comitiva abegondense acudirá á misa solemne na Iglesia de Nuestra Señora de África. Pola noite está prevista a celebración dunha cea baile na explanada das Murallas Reais.

A expedición de Abegondo acode á cita dos actos del Día de Galicia organizados pola Casa de Galicia de Ceuta desde hai anos. Debido á forte unión de Abegondo coa emigración galega nesta cidade. O regreso da representación abegondense está previsto para este luns. Os gastos da viaxe a Ceuta e a estancia están sufragados pola Cidade Autónoma de Ceuta.

Adxudicación provisional: servizo de transporte intramunicipal do Concello de Abegondo
José Antonio Varela Doval, secretario accidental do Concello de Abegondo (A Coruña)

NOTIFÍCOLLE que por acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de xullo de 2010, adoptouse o seguinte acordo:

TERCEIRO.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO SERVIZO DE TRANSPORTE INTRAMUNICIPAL DO CONCELLO DE ABEGONDO

Vista a proposta da mesa de contratación de data 24 de xuño de 2010, a Xunta de goberno local, por unanimidade acorda:

Primeiro.-  adxudicar provisionalmente o servizo de transporte intramunicipal no Concello de Abegondo.

Servizo de transporte intramunicipal no Concello de Abegondo

Prezo de licitación: 31.517,92 euros (IVE incluído)

Á empresa Antonio Vázquez S.A.

Prezo de adxudicación, ofertado polo contratista:

Prezo sen IVE:   22.446,65.

IVE:		    1.571,27

Prezo con IVE:   24.017,92.-.euros por ano.

Segundo.- Obxecto do contrato: "servizo de transporte intramunicipal no Concello de Abegondo", todo  segundo  o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexirán  a contratación, e segundo a oferta do contratista presentada.

Terceiro.- A execución do contrato farase segundo se recolle  no prego de cláusulas administrativas particulares . E segundo a oferta do contratista na medida en que non contradiga o prego de cláusulas administrativas particulares nin o prego de prescripcións técnicas.

A execución, cumprimento, modificación e resolución do contrato rexirase polo establecido na Lei 30/07, 30 de outubro, de contratos do sector público.

Quinto.-Lugar de execución: "Servizo de transporte intramunicipal no Concello de Abegondo": No Concello de Abegondo.

Sexto.-Prazo de execución  Segundo a oferta do contratista :  4 anos, admitindose duas prórrogas, prazo máximo do servizo 6 anos.

Sétimo.-Prazo de garantía : segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares  establece un plazo de garantía dun ano, dende a finalización do servizo

Oitavo.- Someter a publicidade esta adxudicación provisional, por prazo de quince  días hábiles   (artigo 135  da Lei 30/07, LCSP,   no perfil do contratante, notificar aos licitadores  e requirir  ó  adxudicatario para que , no mesmo prazo que antecede presente a seguinte documentación:

1.- Acreditación de encontrarse ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, 	mediante a presentación de certificacións expedidas polos órganos competentes

2.- Deberá depositar a cantidade do 5% do prezo de adxudicación provisional (IVE excluído)  , en concepto de garantía definitiva, por calquera dos medios aos que se refire o artigo 84 da LCSP.

Non se presentou previamente garantía provisional, por non esixirse no prego de cláusulas administrativas particulares.

Noveno.- Este acordo de adxudicación provisional será elevada a definitivo de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/07, 30 de outubro, de contratos do sector público, unha vez que o adxudicatario provisional presente a documentación requirida na adxudicación provisional.

Está facultado o Alcalde para a firma e formalización do contrato.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá vostede interpoñer, directamente un recurso contencioso-administrativo, segunda Lei 29/98 de 13 de xullo de xurisdición contencioso administrativa, durante o prazo de dous meses, que contan a partir do día seguinte á notificación do presente escrito. Igualmente con carácter potestativo, poderá interpoñer, ante o mesmo órgano que ditou este acto, un recurso administrativo de reposición no prazo dun mes, que contan a partir do día seguinte a esta notificación, conforme ó disposto nos art 116 e 117 da lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen poder simultanear ambas.

Abegondo 19 de xullo de 2010

O secretario accidental José Antonio Varela Doval asdo.

A Intervención municipal de Abegondo destaca a boa situación financeira do Concello
Abegondo, 19 de xullo de 2010.-  O Informe de Liquidación do Orzamento Municipal do ano 2009 do Concello de Abegondo emana un remanente positivo de Tesourería de dispoñible para gastos xerais de 289.303,22. O citado documento elaborado polo servizo de Intervención Municipal tamén indica expresamente que "Analizando as principais magnitudes das contas municipais pode falarse dunha situación financeiramente boa do Concello de Abegondo".

O alcalde do municipio, José Antonio Santiso, atribúe estes resultados positivos como froito dunha política de contención do gasto que tivo como puntos fortes, a supresión de dúas dedicacións exclusivas, das catro das que dispoñía o anterior equipo de goberno, na supresión das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e dietas, no recorte de gasto en atencións protocolarias, en publicidade institucional e no recorte de números na revista municipal.

Outras das partidas reducidas que contribuíron ao aforro, foi a supresión dos seguros privados de saúde para os funcionarios e empregados municipais contemplados polo anterior equipo de goberno.

Santiso indicou que o informe da Intervención Municipal de Liquidación do Orzamento do 2009 destaca que o actual equipo de Goberno optou por unha política de contención do gasto e de racionalidade nos investimentos e proxectos impulsados desde o municipio.

Mato anuncia a ampliación da Escola Infantil de Mabegondo que vai contar con catro novas unidades de 0 a 3 anos
Abegondo,16 de xullo de 2010.- A Consellería de Traballo e Benestar ampliará a oferta para 0-3 anos no Concello de Abegondo. Farao a través da reforma do edificio anexo ao actual Punto de Atención á Infancia (PAI), instalacións nas que creará un total de catro novas unidades que poderán contar cun máximo de 61 prazas, atendendo a normativa que rexe estes centros.

Así o anunciou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, nunha visita que realizou ao concello de Abegondo, onde foi recibida polo alcalde da localidade, José Antonio Santiso Miramontes, con que visitou o edificio da antiga Escola infantil de Mabegondo, no que se van albergar as novas prazas de educación infantil. O edifico comparte parcela co actual punto de atencióan a infancia- PAI-, en servizo desde hai anos, que ven de resultar insuficiente para a demanda crecete de prazas, indicou Santiso.

O proxecto de reforma da vella escola foi realizado polo arquitecto municipal de Abegondo, Manuel Moinelo. As obras van a afectar ás dúas plantas da edificación, e na súa fachada principal vaise intalar un ascendor, un porche, e un paso cuberto que vai unir a escola coas instalacións do Pai, que ocupa unha parte do edificio de usos mútiples de Mabegondo.

En concreto, a conselleira explicou que este proxecto no que se comezará a traballar de xeito inminente conlevará un investimento de preto de 300.000 euros. "A actuación permitirá non só aumentar as prazas de escolas infantís, senón que tamén se dotará de maior calidade e comodidade aos usuarios do centro", apuntou Mato. As novas instalacións terán unha unidade de 0 a 1 ano, outra de 1 a 2 anos e dúas máis de 2 a 3 anos.

Ao respecto, destacou que un dos obxectivos prioritarios da Xunta é apostar pola atención á infancia explicando que "no caso das escolas infantís, a súa mellora incide especialmente no benestar das familias, xa que a través deste servizo obteñen un apoio moi importante para alcanzar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral".

Por iso, resaltou que a posta en marcha de novas prazas en escolas infantís é unha das "actuacións preferentes" no Plan de Actuación Social 2010-2013, que establece un incremento de 4.500 prazas en toda esta lexislatura.

Mañá a conselleira de Traballo e Benestar visita Abegondo para presentar o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Abegondo
Abegondo, 15 de xullo  de 2010.- Mañá, venres 16 de xullo, ás 13:00 horas, está prevista a visita da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, a Abegondo. A conselleira reunirase co alcalde para presentar o proxecto de ampliación da Escola Infantil.

A recepción terá lugar na Casa do Concello ás 13.00 horas para realizar despois unha visita á Escola Infantil Municipal, en San Tirso de Mabegondo.

Bases de selección de persoal laboral temporal para a contratación de 1 conserxe
Fanse públicas as bases de selección de persoal laboral temporal para a contratación de 1 conserxe

Abegondo recibe o apoio económico de Educación para desenvolver actividades nos colexios do municipio
Abegondo, 9 de xullo de 2010.-O Concello de Abegondo acaba de recibir comunicación da concesión de 19.196,54 euros procedentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o Cofinanciamento de apertura de centros educativos fóra de horario escolar durante o ano 2010.

Con esta subvención sufragaranse parte dos gastos de funcionamento dos distintos programas que o Concello realiza en canto ao eido educativo e de actividades de conciliación da vida familiar e laboral. Os programas desenvolvidos polo concello foron: Contacto coa lingua estranxeira, Fomento de hábitos saudables, Manexo das novas tecnoloxías, Prevención do absentismo escolar, Conciliación da vida familiar e laboral -Coidado de Mañá, Ludoteca, Ludoteca de verán-

Con estas actividades, así como coa creación do Punto de Información Educativa no Concello preténdese achegar o noso concello á realidade das nosas familias, facendo así unha realidade a conciliación da vida familiar e laboral a través de actividades para nenas, nenos, pais e nais.