Santiso di que son unhas contas reais realizables e con equilibrio entre os ingresos e os gastos
Abegondo, 28 de xullo de 2010.- O Goberno local de Abegondo somete mañá ao pleno os Orzamentos Municipais do 2010. Segundo indicou o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, o total do orzamento para o ano en curso ascende a 2.800.000 euros, o que supón un incremento duns 100.000 euros con respecto ao orzamento anterior. Neste sentido, o alcalde indicou que aínda tratándose dun incremento pequeno, o orzamento de Abegondo non decrece, como pasa en moitos outros municipios. Tamén é de destacar que se trata dun documento redactado tendo en conta o equilibrio entre os ingresos do municipio e os gastos, así estamos anté un orzamento real, realizable e equilibrado, indicou o alcalde. O Concello non realizará ningunha operación de crédito, co fin de non endebedar o futuro do municipio, aínda que a Lei permite aos municipios acudir a crédito antes do 31 de decembro.
O alcalde tamén se mostrou optimista en canto ao que será o orzamento dos anos 2011, e vaticinou que a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal -PXOM- suporá unha fonte de ingresos para o municipio.
Liquidación 2009
Santiso sinalou que a tardanza en levar a pleno os orzamentos débese ao interese do Goberno local en conñecer a realidade finaciera das contas municipais. Para ter uno datos certos era necesario coñecer o informe de Liquidanción do Orzamento Municipal do ano 2009, que se terminou hai unhas semanas. O citado informe arroxa un remanente posititivo de Tesoureria de dispoñible para gastos xerais de 289.303,22 euros. O documento elaborado polos servizos de Intervención Municipais tamén indica expresamente que "Analizando as principais magnitudes das contas municipais pódese falar dunha situación financieramente boa do Concello de Abegondo".
O alcalde atribúe estes resultados positivos como froito dunha política de contención do gasto que tivo como puntos fortes, a supresión de dúas dedicacións exclusivas das catro das que dispuña o anterior equipo de goberno, na supresión das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e dietas, no recorte de gasto en atencións protocolarias, en publicidade institucional e no recorte de números na revista municipal Abegondo.es.
Outras das partidas reducidas que contribuíron ao aforro, foron a eliminación dos seguros privados de saúde para os funcionarios e empregados municipais contemplados polo anterior equipo de goberno. Santiso indicou que o informe da Intervención Municipal sobre a Liquidación do Orzamento do 2009 destaca que o actual equipo de Goberno optou por unha política de contención do gasto e de racionalidade nos investimentos e proxectos impulsados desde o municipio.
A sesión do extraordinaria está convocada para mañá a partir das 13:30 horas no salón de plenos da casa consistorial de San Marcos, en Abegondo.
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO