Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Ecos do Mero participa nos actos do Día de Galicia en Ceuta

O alcalde de Abegondo asistiu a unha recepción oficial ofrecida polo presidente da Cidade Autónoma

Abegondo, 23 de xullo de 2010.- O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, asistiu fai uns momentos á recepción ofrecida polo presidente da Cidade Autónoma de Ceuta, Juan Jesús Vivas, con motivo da celebración do Día de Galicia nesta cidade española do norte de África. O alcalde e a concelleira de Cultura, Cristina Rabón, viaxan á fronte dunha representación do municipio integrada polo Grupo Ecos do Mero, da Asociación de Amas de Casa de Abegondo, que participará durante toda a fin de semana nos actos do Día de Galicia, organizados pola Casa de Galicia de Ceuta.

Os actos continuarán mañá coa tradicional Cena de la Hermandad da Casa de Galicia, á que acudirá o alcalde invitado polo seu presidente, Rogelio Martínez. O domingo a comitiva abegondense acudirá á misa solemne na Iglesia de Nuestra Señora de África. Pola noite está prevista a celebración dunha cea baile na explanada das Murallas Reais.

A expedición de Abegondo acode á cita dos actos del Día de Galicia organizados pola Casa de Galicia de Ceuta desde hai anos. Debido á forte unión de Abegondo coa emigración galega nesta cidade. O regreso da representación abegondense está previsto para este luns. Os gastos da viaxe a Ceuta e a estancia están sufragados pola Cidade Autónoma de Ceuta.

Concello de Abegondo

San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO