Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

Adxudicación provisional: servizo de transporte intramunicipal do Concello de Abegondo

José Antonio Varela Doval, secretario accidental do Concello de Abegondo (A Coruña)

NOTIFÍCOLLE que por acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de xullo de 2010, adoptouse o seguinte acordo:

TERCEIRO.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO SERVIZO DE TRANSPORTE INTRAMUNICIPAL DO CONCELLO DE ABEGONDO

Vista a proposta da mesa de contratación de data 24 de xuño de 2010, a Xunta de goberno local, por unanimidade acorda:

Primeiro.- adxudicar provisionalmente o servizo de transporte intramunicipal no Concello de Abegondo.

Servizo de transporte intramunicipal no Concello de Abegondo

  • Prezo de licitación: 31.517,92 euros (IVE incluído)
  • Á empresa Antonio Vázquez S.A.
  • Prezo de adxudicación, ofertado polo contratista:
  • Prezo sen IVE: 22.446,65.
  • IVE: 1.571,27
  • Prezo con IVE: 24.017,92.-.euros por ano.

Segundo.- Obxecto do contrato: "servizo de transporte intramunicipal no Concello de Abegondo", todo segundo o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexirán a contratación, e segundo a oferta do contratista presentada.

Terceiro.- A execución do contrato farase segundo se recolle no prego de cláusulas administrativas particulares . E segundo a oferta do contratista na medida en que non contradiga o prego de cláusulas administrativas particulares nin o prego de prescripcións técnicas.

A execución, cumprimento, modificación e resolución do contrato rexirase polo establecido na Lei 30/07, 30 de outubro, de contratos do sector público.

Quinto.-Lugar de execución: "Servizo de transporte intramunicipal no Concello de Abegondo": No Concello de Abegondo.

Sexto.-Prazo de execución Segundo a oferta do contratista : 4 anos, admitindose duas prórrogas, prazo máximo do servizo 6 anos.

Sétimo.-Prazo de garantía : segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares establece un plazo de garantía dun ano, dende a finalización do servizo

Oitavo.- Someter a publicidade esta adxudicación provisional, por prazo de quince días hábiles (artigo 135 da Lei 30/07, LCSP, no perfil do contratante, notificar aos licitadores e requirir ó adxudicatario para que , no mesmo prazo que antecede presente a seguinte documentación:

1.- Acreditación de encontrarse ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, mediante a presentación de certificacións expedidas polos órganos competentes

2.- Deberá depositar a cantidade do 5% do prezo de adxudicación provisional (IVE excluído) , en concepto de garantía definitiva, por calquera dos medios aos que se refire o artigo 84 da LCSP.

Non se presentou previamente garantía provisional, por non esixirse no prego de cláusulas administrativas particulares.

Noveno.- Este acordo de adxudicación provisional será elevada a definitivo de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/07, 30 de outubro, de contratos do sector público, unha vez que o adxudicatario provisional presente a documentación requirida na adxudicación provisional.

Está facultado o Alcalde para a firma e formalización do contrato.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá vostede interpoñer, directamente un recurso contencioso-administrativo, segunda Lei 29/98 de 13 de xullo de xurisdición contencioso administrativa, durante o prazo de dous meses, que contan a partir do día seguinte á notificación do presente escrito. Igualmente con carácter potestativo, poderá interpoñer, ante o mesmo órgano que ditou este acto, un recurso administrativo de reposición no prazo dun mes, que contan a partir do día seguinte a esta notificación, conforme ó disposto nos art 116 e 117 da lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen poder simultanear ambas.

Abegondo 19 de xullo de 2010

O secretario accidental José Antonio Varela Doval asdo.

Documentos adxuntos:
provisional_transporte_intramunicipal-signed.pdf
Concello de Abegondo

San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO