A axuda vai ser canalizada a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade
Abegondo, 28 de febreiro de 2010- O Concello de Abegondo ven de decretar unha axuda de 300 euros destinada á axuda das vítimas do terremoto que asolou Haití, o pasado 12 de xaneiro. Os cartos van ser transferidos á Conta de Emerxencia do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, que é a entidade destinada a canalizar e xuntar os esforzos das corporacións locais galegas relacionadas cos Países do Sur.
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO