Até o de agora non se detectaron dificultades importantes na recepción do sinal dixital de televisión no municipio
Abegondo, 3 de febreiro de 2010.- Esta mañá 23 veciños do municipio recibiron outros tantos equipos sintonizadores de TDT, a través do programa axudas a colectivos en risco de exclusión, posto en marcha polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Os beneficiarios destas axudas teñen que ser persoas maiores de 80 anos que viven solos, ou acompañados doutra persoa tamén maior de 80 anos ; tamén teñen acceso os maiores de 60 dependentes, nun grado II ou III.
Así, o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e máis a concelleira de Servizos Sociais, Laura Calvo, entregaron os dispositivos a este grupo de persoas maiores do municipio, que solicitaron a devandita axuda. O acto tivo lugar ás 11:30 horas na casas consistorial do Concello de Abegondo. Até hoxe o Concello de Abegondo leva entregados 51 equipos sintonizadores de TDT a outros tantos veciños do municipio.
Problemas de recepción
Canto a recepción do sinal dixital de televisión no termo municipal, o alcalde lembrou que desde o concello se atenden as consultas dos veciños a través do teléfono 981 647 909 (de 9:00 h. a 14:00 h.) ou a través da web do concello. En canto ás incidencias que os veciños foron comunicando nos últimos días, o alcalde sinalou que, na maior parte dos casos, o problema estaba na propia instalación ou na ubicación da antena, ou mesmo no estado do cableado. Nos vindeiros días os técnicos municipais continuarán a realizar medidas en distintos lugares do concello para comprobar os valores do sinal.
012
Para máis información a Xunta de Galicia dispuxo o servizo de atención telefónica 012 e conta tamén coa Oficina Técnica da TDT que axuda e asesora en todos os aspectos do despregamento da TDT e que se pode consultar a través do teléfono 981 572 154, a web www.tdtgalicia.es ou no enderezo electrónico oficinatdt@xunta.es.
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO