Ir ao contido

Concello de Abegondo

 
avanzada
inicio | mapa web | contacto |

Accesos Rápidos

O Concello de Abegondo e a Iglesia chega a un acordo que permite dotar dunha rotonda o cruzamento de San Tirso de Mabegondo

Para realizar a obra de seguridade vial e necesario ocupar terreo do adro da igrexa parroquial

Imaxes

Abegondo, 29 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e máis o concelleiro de Urbanismo, Manuel Eladio Fernández, reuníronse onte en Santiago co vicario xeral da Archidiocese para abordar a construción dunha rotonda, no cruzamento da estrada AC-542 coa estrada provincial Oza dos Ríos a Ameas, en San Tirso de Mabegondo. Segundo indicou o alcalde, o vicario xeral transmitiu a decisión favorable á cesión do terreo necesario do adro da Igrexa de San Tirso, para que a Consellería poida levar a cabo a construción da rotonda no cruzamento.

O alcalde mostrou o seu agradecemento por a boa disposición da archidiocese de Santiago, e indicou que os técnicos de Urbanismo do concello están a traballar nun primeiro plantexamento das futuras obras. Así, Santiso segundo os cálculos dos servizos técnicos municipais para realizar o proxecto vai ser necesario ocupar ao redor de 255 metros cadrados do adro da Igrexa de San Tirso, fundamentalmente no lado do adro que linda coa estrada de Oza a Ameas.

A cesión de terreos por parte da Igrexa e imprescindible xa que a esixencia da Consellería de Medio Ambiente é de que a rotonda teña unha anchura de 12 metros de radio, motivo polo cal e necesario contar co terreo propiedade da Igrexa.

Neste sentido, Santiso indicou que o conselleiro de Medio Ambiente xa lle tiña mostrado a boa disposición do seu departamento para levar a cabo as obras. O alcalde tamén insistiu na urxencia de levar a rotonda, co fin de mellorar a seguridade vial nun punto no que se producen accidentes con moita frecuencia.

Centro de día

Por outra banda, o alcalde tamén lle transmitiu ao vicario xeral o interese do Concello en que a casa reitoral de San Tirso de Mabegondo poida ser transformada nun centro de día. No caso de que o concello e a Igrexa chegaran a un acordo definitivo as obras suporían a restauranción da reitoral, xa que leva anos sen estar habitada.

A casa reitoral levántase á beira do cruzamento de San Tirso de Abegondo e conta cunha finca de grande superficie. Neste sentido, o alcalde indicou que o concello de Abegondo vai por a súa mellor disposición para que este proxecto saía para adiante.

Concello de Abegondo

San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO