Abegondo, 5 de marzo de 2010.- O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso e máis a concelleira de Servizos Sociais, Laura Calvo, clausuraron o Obradoiro de Primeiros Auxilios para persoas maiores organizado pola Concellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Abegondo.
Este Obradoiro, que se desenvolveu en cinco sesións desde o 21 de xaneiro, e cunha perioricidade semanal, contou coa colaboración dunha enfermeira e de persoal técnico de Cruz Vermella de Betanzos.
Os seus 22 participantes recibiron, nas 10 horas lectivas do curso, nocións básicas de primeiros auxilios e sobre como actuar en situacións de emerxencia.
As sesións formativas celebráronse nas Aulas de Formación de O Naranxo-Abegondo, instalacións que serviron tamén de marco para a clausura do devandito obradoiro.
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO