Abegondo, 8 de marzo de 2010.- Os lugares de O Penedo, Borreiros, Souto do Val, Pastoriza, A Torre e O Regueiro, na parroquia de Mabegondo, contarán en breve con rede de saneamento municipal. Así, o anunciou onte o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, que indicou que as obras contarám cun orzamento de 198.358,90 euros.
Santiso, tamén sinalou que, no menor tempo posible, comezarán as obras de dotación de rede de saneamento no lugar de A Calle e de Aquelabanda, na parroquia de Sarandós. O importe total de estos dous proxectos alcanza os 79.691,06 euros
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO