Resultando que por decreto da alcaldía de data 23 de decembro de 2009 adxudicouse provisionalmente o contrato de SUBMINISTRO DE MAQUIANRIA DIRECTAMENTE DESTINADA AO FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS PUBLICOS (subministro incluido no plan provincial de axuda contra a crise, pac 2) outorgando ao contratista o prazo de quince días hábiles para a presentación dos certificados de estar ao corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social así como depositar a garantía definitiva.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado e presentados polo contratista os documentos requiridos, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional acordada.
Visto o anterior esta alcaldía resolve:
Primeiro.- Avocar a competencia delegada na Xunta de Goberno Local (decreto de alcaldía de data 22 de abril de 2009), en virtude do artigo 21,3ª e 23,2ªb da lei 7/85, Lei de bases de réxime local, en aplicación do artigo 14,1º da Lei 30/92, RXAP- PAC, coa finalidade de ditar o presente decreto.
Segundo.- Elevar a definitiva, con todos o seus pronunciamentos, o acordado por decreto da alcaldía de data 23 de decembro de 2009, polo que se acordaba a adxudicación provisional do contrato de SUBMINISTRO DE MAQUIANRIA DIRECTAMENTE DESTINADA AO FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS PUBLICOS ( subministro incluido no plan provincial de axuda contra a crise, pac 2).
Terceiro.- Notificar este acordo a todos os licitadores establecendo, para o contratista, o prazo de dez días hábiles dende o día seguinte á recepción desta notificación para a formalización do contrato.
Cuarto.- Facultase ao alcalde para a firma e formalización do contrato o cal sera en documento administrativo, nos termos establecidos na LCSP.
Quinto.- Publicar este acordo no modo previsto no artigo 138 da LCSP.
Abegondo, 2 de marzo de 2010
O Alcalde, José Antonio Santiso Miramontes asdo., o secretario accidental José Antonio Varela Doval asdo.
San Marcos, 1 - 15318 ABEGONDO